23. septiembre 2020 - 16:30 hasta 19:30
Unitaria, Santiago de Compostela
Compartirlo en:

Deseño Vectorial con Illustrator en 3 Meses | miércoles, 23. septiembre 2020





Impartido por: Fernando Lema

Nivel: Inciación

Duración: 36h

Horario: de 16:30h a 19:30h os mércores

N.º de prazas: 10

Cuota de inscrición: 270 € (repartidos en TRES pagos de 90€ cada mes) OU 250 € o pagas todo xunto.

Datas: do 23 de setembro ao 9 de decembro de 2020



DESCRICIÓN

Aprende a facer logotipos, cartaces ou unha aplicación gráfica para calquera que sexa o teu proxecto.

✍️⚡️

Traballo con vectores e moito máis, coa ferramenta líder do mercado da ilustración: Adobe Illustrator. Coñecemento da interface do programa, as ferramentas de traballo, as súas posibilidades en canto a debuxo vectorial e ilustración, cor, pintura, selección de obxectos e modificación dos mesmos, importar e exportar arquivos, traballar con texto, efectos especiais e impresión… Pero non so de Illustrator imos falar, unha base sólida sobre que é a imaxe dixital e para que vale o deseño gráfico é fundamental.



PROGRAMA

INTRODUCIÓN

Imos ver os elementos básicos do espazo de traballo e as preferencias, antes de comezar a traballar con Adobe Illustrator.



Pantalla de Benvida

Mapa de bits, pixels e vectores, que son

Cores luz & cores pigmento

Anatomía do interfaz de illustrator



ESPAZO DE TRABALLO

Coñecer os elementos básicos do espazo de traballo permítenos aforrar tempo para poñernos ao choio canto antes.



Espazo de traballo

Atallos de teclado

Menús contextuales

Documento novo

Axustes de Documento

Zoom e navegacion polo documento

Guías

Cuadrícula



DEBUXO CON FORMAS BÁSICAS, PLUMA BEZIER E PINCEIS

Coas ferramentas de debuxo básicas podemos levar a cabo tamén moitos traballos avanzados.



Ferramentas básicas de debuxo

Edición de formas básicas

Ferramentas de Selección

Seleccionar e transformar obxectos

Debuxo con formas básicas

Debuxo coa pluma bézier

Buscatrazos

Ferramenta Pincel

Tipos de pinceis



COR; DEGRADADOS E TRANSPARENCIAS

Xunto co traballo coas formas, a aplicación da cor é a base de todas as nosas ilustracións.



Teoría da Cor

Panel de Mostras

Modos de Fusión e Transparencia

Panel Degradado e Ferramenta Degradado

Máscaras de Opacidade



IMAXES, MÁSCARAS E CAPAS

Aínda que Adobe Illustrator é un programa vectorial, tamén podemos incorporar imaxes creadas noutras aplicacións.



Colocar imaxes

Máscaras de recorte

Rasterizar vectores

Paleta Capas



TRANSFORMACIÓN DE ELEMENTOS

Escalado, rotación, transformación, en definitiva, transformación e alteración dos nosos obxectos.



Escalar Obxectos e trazados

Rotar e Reflexo

Transformación libre

Panel Aliñar

Promediar Puntos de Áncora

Símbolos e Panel de Símbolos

Ferramenta Fusión

Motivos Regulares

Motivos Irregulares

Calco Manual

Calco Interactivo

Xiro 3D

Extrusión e Biselado 3D

Rotar obxectos 3D



TEXTO

O uso do texto non é o primeiro que nos vén á cabeza ao falar de Adobe Illustrator, pero é un elemento fundamental no traballo diario con esta aplicación.



Traballo con Texto

Menú Texto

Panel Carácter

Texto de Área

Panel Parágrafo e Tabuladores



EXPORTAR, GARDAR E IMPRIMIR

Unha vez terminado o noso traballo, é a hora de gardalo ou compartilo.



Exportar Arquivos

Gardar Arquivos

Imprimir



DOCENTE: Fernando Lema



Diplomado en Artes Visuais e Comunicación, Master en Deseño Gráfico Publicitario, empeza a traballar como deseñador gráfico en 1999. Do 2000 ao 2002 é fundador e director creativo de “a ref.erencia”. De ahí en adiante, traballará como “freelance” para clientes privados e públicos, compaxinando diferentes proxectos persoais, como “Camisetas de Once Varas”, deseñando imaxes meteorolóxicas para produtos textiles e complementos.



En 2006 abre “Zürich-SCQ”, un espazo de venda de roupa e galería de arte para artistas noveles en Santiago de Compostela, proxecto que leva premios de escaparatismo e de innovación e comercio. Tamén é profesor de Illustrator para profesionais do sector das artes gráficas de Galicia.



Como hobby, no 2007, monta xunto cun puñado de seres inquedos “SENUNPESO”, unha asociación para a creación de cortometrajes experimentais e formación audiovisual.



Beta-Tester e moderador do “Community Help” para “Adobe Systems” con Illustrator de 2008 a 2011. Profesor na “Academia Postal “ de Adobe Illustrator (2008-2009)



Leva o deseño gráfico, gravación, edición de vídeo e redes sociais de “Culturactiva” de 2010 a 2014.



E dende maio do 2015 é socio fundador de “Unitaria”, un espazo multidisciplinar e colaborativo xestionado pola “Asociación de Amigos si, pero a Vaquiña polo que Vale”, que ten como obxectivo principal o desenvolvemento de accións formativas destinadas a profesionais.



DESTINATARIAS

A todas as persoas interesadas en aprender a facer logotipos, cartaces, calquer aplicación gráfica para calquer proxecto ou simplente aprender a usar as ferramentas vectoriais ou mellorar á súa técnica.



NECESIDADES

Necesario traer portátil con Adobe Illustrator instalado, de CS6 para arriba… Recomendo tamén que traides ou rato? ou tableta gráfica ✍?.



POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de email

As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.

O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.

O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.



POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.