08. julio 2020 - 20:30
USCénica, Santiago De Compostela
Compartirlo en:

Salvador | miércoles, 08. julio 2020

SALVADOR é un proxecto escénico a metade de camiño entre o documental e a ficción teatral sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros.



SALVADOR céntrase na figura dos avós, concretamente de aqueles galegos emigrados a Suramérica a mediados do século pasado, e no seu o impacto na configuración das comunidades, familias e individuos contemporáneos, tomando como sinédoque a figura de Benito Fernández, galego de Verín que un día colleu clandestinamente un barco en Vigo para nunca máis volver.



_____________________________________________________



Borja Fernández



•Lugar: Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño

•Duración: 65 min



•Prezo: 3€



*Nota: aforos reducidos en todos os espazos